Saltar ao contido

David Comneno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Comneno
Biografía
Nacementoc. 1184 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte13 de decembro de 1212 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (27/28 anos)
Mosteiro de Vatopedi, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperador de Trebisonda
25 de abril de 1204 – 13 de decembro de 1212
← sen valor – Andrónico I de Trebisonda → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1204 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeImperio de Trebisonda Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisManuel Comneno Editar o valor en Wikidata  e Rusudan, daughter of George III of Georgia Editar o valor en Wikidata
IrmánsAleixo I de Trebisonda Editar o valor en Wikidata

David Comneno (en grego: Δαβίδ Κομνηνός, trans. Dabid Komnēnos), nado en Constantinopla, aprox. en 1184 e finado en Sinope o 12 de decembro de 1212, foi un membro da dinastía Comneno e cofundador do Imperio de Trebisonda. David Comneno naceu aproximadamente en 1184 en Constantinopla. Foi o fillo máis novo do sebastocrátor Manuel Comneno, fillo do emperador bizantino Andrónico I Comneno e da princesa Rusudan, filla do rei Xurxo III de Xeorxia, e irmán de Aleixo Comneno, o primeiro emperador de Trebisonda[1]. En 1185, despois da rebelión do 12 de setembro contra Andrónico I, Aleixo e David fuxiron a Iberia (Xeorxia), á corte de Tamar, a súa parente de sangue materno da casa dos Bagrátidas[2][1]. Case nada se sabe da vida e actividades de David e Aleixo en Xeorxia[3].

David e Aleixo Comneno reapareceron en 1204, cando a finais de marzo ou principios de abril dirixiron o exército xeorxiano, que lles deu Tamar, para ocupar Trebisonda[4][3]. Fundaron un imperio co nome da cidade e Aleixo foi proclamado emperador[5]. David como xeneral concentrouse en expandir as fronteiras do novo imperio cara ao oeste[6]. O exército trapisondés dirixido por David invadiu Paflagonia, que foi tamén reclamado polo Imperio de Nicea[7]. Isto deu lugar a un inmediato e longo conflito co emperador de Nicea Teodoro I Láscaris; a súa duración, con pausas certas, foi até 1207 ou 1208[8]. Despois que Láscaris conseguise ocupar Paflagonia, David retirouse a Sinope, onde se converteu en monxe e pasou a chamarse Daniel[9]. Morreu o 12 de decembro de 1212[9].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Moeda do avó de David, Andrónico I Comneno.

David naceu en Constantinopla en aprox. 1184 durante o reinado do seu avó, Andrónico I Comneno[10]. O reinado do seu avó estivo marcado por un réxime tiránico e brutal e terminou co seu asasinato en 1185 polos seus súbditos.[11] A multitude tamén atacou o pai de David, Manuel, quen se converteu no herdeiro ao trono.[1] Manuel foi cegado e logo, moi probabelmente asasinado (ou morreu das infeccións das súas feridas)[1]. A súa esposa Rusudan, fuxiu asustada ao reino de Xeorxia cos seus fillos, David e Aleixo[10]. Probabelmente en 1200 David co seu irmán Aleixo, estiveron en contacto con Xoán Comneno o Gordo, para derrocar a Aleixo III Anxo do trono do basileus, pero o golpe de estado fracasou[12].

Fundación do Imperio de Trebisonda

[editar | editar a fonte]
O Imperio de Trebisonda (violeta).

En abril de 1204, mentres Constantinopla estaba asediada polos cruzados, David e Aleixo, que eran membros da corte da súa tía Tamar de Xeorxia, preguntaron se ela podería darlles un exército para conquistar os territorios turcos, co fin de crear un estado e así continuar coa dinastía dos Comnenos[13][10]. A raíña accedeu á petición dos seus sobriños, e proporcionoulles as tropas necesarias, coas cales podían conquistar as cidades de Oinaion, Trebisonda e Sinope, os territorios orixinais da familia que gobernara o seu avó até 1182 e que se atopaban na parte norte de Asia Menor, até os pasos da cadea do Ponto e que os turcos conquistaran[4]. Os dous irmáns decidiron que Aleixo gobernase sobre estes territorios, mentres que David e o exército seguirían coas conquistas cara ao oeste[14]. Mentres os dous irmáns conquistaban os territorios orixinais da súa familia, o 13 de abril de 1204 Constantinopla caeu ante os cruzados[15]. Entre tanto David avanzou cara ao oeste co exército xeorxiano, incrementando as súas filas con mercenarios locais, e con este exército conquistou o Ponto e Paflagonia, territorio onde estaba Kastamonu, o ancestral castelo da familia dos Comnenos[16]. David conquistou os territorios no oeste, incluíndo a cidade de Heraclea Póntica e aspiraba a conquistar Constantinopla[16].

Despois de crear este novo estado os dous irmáns, ambos os emperadores, dividiron as ganancias á metade: no Leste gobernaba Aleixo e no Oeste o belicoso David[17]. David e Aleixo, como herdeiros de Andrónico I, reclamaron o título de lexítimos sucesores do Imperio bizantino, nomeándose como os emperadores romanos, ou Grandes Comnenos[8].

Expansión e resistencia do Imperio

[editar | editar a fonte]
Bandeira do exército do Gran Comneno, creada por Aleixo I Comneno e David Comneno, estaría en uso até a caída do Imperio de Trebisonda.

Aleixo deixou sen obxección o mando do exército imperial en mans de David, que era un gran estratego e era moi valente en batalla[18]. O exército de David loitou contra os nicenos, dirixidos por Teodoro I Láscaris, en Bitinia en 1205, pero foron derrotados, polo que o avance foi detido na cidade trapisondesa de Heraclea Póntica[19]. Os trapisondeses non puideron reorganizarse como querían os soberanos, xa que os selxúcidas comezaron a atacar as súas fronteiras[19]. En 1205 Trebisonda foi cercada polos selxúcidas, dirixidos polo sultán Kaikosru I, pero o irmán de David foi quen de resistir e en 1206 os selxúcidas retiráronse[19].

Escapando do perigo de caer a capital, os trapisondeses puideron reorganizarse de novo para continuar a guerra contra os nicenos[18]. David comezou o seu avance en Bitinia e enviou ao xove xeneral Sinadeno para ocupar a cidade nicena de Nicomedia[16]. Sinadeno, sen ter en conta o perigo que corría ante o emperador Teodoro I Láscaris, atravesou unha pasaxe no que era fácil esperar unha emboscada, e de feito varios homes de Teodoro arroxáronse contra os de Sinadeno, atacáronos e tomárono como prisioneiro[16].. Coa derrota trapisondesa, David viuse obrigado a recoñecer a fronteira co Imperio de Nicea na cidade de Heraclea Póntica, aínda que os nicenos tamén reclamaron a cidade para eles[16]Mentres David estaba a loitar contra os nicenos, Aleixo fixo da costa de Crimea un vasalo do Imperio de Trebisonda[20].

Entre tanto David, que non quería renderse ante os nicenos, conseguiu unha alianza co emperador latino Henrique de Flandres contra o Imperio de Nicea[21]. Dado que a belicosidade de David non diminuíu, Teodoro decidiu invadir o Imperio de Trebisonda organizando un exército baseado principalmente en arqueiros[22]. Estas tropas tiñan unha moral moi alta e rapidamente conquistaron o distrito de Plusias[22]. O exército niceno tamén puxo sitio a Heraclea Póntica cando regresou, xa que os latinos baixo o mando de Thierry de Loos capturaran Nicomedia[23].

Pero pouco despois os latinos tiveron que abandonar a cidade, xa que foron chamados a Tracia, onde o Imperio Latino estaba a ser invadido polos búlgaros. David pediu ao emperador latino incluílo nas negociacións cos nicenos e, a cambio, converteríase no seu vasalo[24]. David usou este movemento pois sabía que non podía resistir só contra o exército niceno, e preferiu ser nominalmente un súbdito latino, en lugar de perder o seu territorio ante os nicenos[25]. O emperador latino aceptou a proposta de David, e inmediatamente enviou á fronteira entre Nicea e Trebisonda 300 auxiliares francos, que cruzaron o río Sangarios e durante a viaxe devastaron as aldeas nicenas da comarca e recuperaron o distrito de Plusias[16]. David retirouse, pero os francos, con imprudencia temeraria, avanzaron ás montañas e foron atacados por sorpresa por Andrónico Guido, un xeneral niceno, nun paso abrupto, preto de Nicomedia[16]Todos os francos foron masacrados, excepto un, que se salvou co fin de dicirlle ao seu emperador o que sucedera[16].

Últimos anos e morte

[editar | editar a fonte]

Tras a derrota dos francos, Teodoro I Láscaris aproveitou a oportunidade para atacar os territorios controlados por David, quen non puido resistir dado os poucos homes que tiña, así que todos os seus territorios reducíronse, fóra dalgunhas pequenas aldeas[26]. A situación fíxose aínda máis catastrófica cando os selxúcidas dirixidos polo sultán Kaikaus I, ao ver débil o Imperio de Trebisonda, decidiron atacalo, pondo así en asedio a Sinope en 1212[9][21]. A cidade foi defendida por David e Aleixo, quen chegou para axudar ao seu irmán, pero David morreu durante o asedio o 12 de decembro de 1212[21]. A cidade caeu en mans dos selxúcidas e Aleixo foi capturado[24].

Devanceiros

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 (Finlay 2009, p. 367)
  2. (Finlay 2009, p. 365)
  3. 3,0 3,1 (Finlay 2009, p. 368)
  4. 4,0 4,1 (Vasiliev 1936)
  5. (Finlay 2009)
  6. (Angold 1975, p. 98)
  7. (Finlay 2009, p. 372)
  8. 8,0 8,1 (Finlay 2009, p. 370)
  9. 9,0 9,1 9,2 (Miller 1926, p. 18)
  10. 10,0 10,1 10,2 (Norwich 2000, p. 338)
  11. (Ravegnani 2008)
  12. (Angold 2005, p. 60)
  13. (Finlay 2009, p. 371)
  14. (Ostrogorsky 1968, p. 391)
  15. (Cesaretti 2006, p. 293)
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 16,6 16,7 (Finlay 2009, p. 373)
  17. (Ravegnani 2006, p. 116)
  18. 18,0 18,1 (Finlay 2009)
  19. 19,0 19,1 19,2 (Lilie 2005, p. 437)
  20. (Finlay 2009, p. 381)
  21. 21,0 21,1 21,2 (Ostrogorsky 1968, p. 395)
  22. 22,0 22,1 (Savvidēs 1981, p. 68)
  23. (Savvidēs 1981, p. 69)
  24. 24,0 24,1 (Finlay 2009, p. 378)
  25. (Finlay 2009, p. 377)
  26. (Finlay 2009)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Angold. "Byzantine politics vis-à-vis the Fourth Crusade". Urbs capta: the Fourth Crusade and its consequences. Lethielleux. ISBN 9782283604649. 
  • Angold (2002). A Byzantine Government in Exile. Government and Society under the Laskarids of Nicaea, 1204-1261 (en inglés). Oxford University Press. 
  • Booth. Theodore Laskaris and Paphlagonia, 1204-1214; towards a chronological description (en inglés). Archeion Pontou. 
  • Cesaretti (2006). L'impero perduto. Vita di Anna di Bisanzio, una sovrana tra Oriente e Occidente (en italiano). Milano: Mondadori. ISBN 88-04-52672-6. 
  • Coniata. Grandezza e catastrofe di Bisanzio (en italiano). Milano: Mondadori. ISBN 88-04-37948-0. 
  • Finlay. The history of Greece from its conquest by the Crusaders to its conquest by the Turks, and of the empire of Trebizond, 1204-1461 (en inglés). University of Michigan Press. ISBN 1150606843. 
  • Lilie. Bisanzio la seconda Roma (en italiano). Roma: Newton & Compton. ISBN 88-541-0286-5. 
  • Miller. Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era (en inglés). Chicago. 
  • Norwich. Bisanzio (en italiano). Milano: Mondadori. ISBN 88-04-48185-4. 
  • Ostrogorsky. Storia dell'Impero bizantino (en italiano). Milano: Einaudi. ISBN 88-06-17362-6. 
  • Ravegnani. Bisanzio e Venezia (en italiano). Bologna: Il Mulino. ISBN 8815109269. 
  • Ravegnani. Introduzione alla storia bizantina (en italiano). Bologna: Il Mulino. ISBN 8815126791. 
  • Savvidēs. Byzantium in the Near East: its relations with the Seljuk sultanate of Rum in Asia Minor, the Armenians of Cilicia and the Mongols, A.D. c. 1192-1237 (en inglés). Kentron Vyzantinōn Ereunōn. 
  • Vasiliev. The Foundation of the Empire of Trebizond 1204-1222 (en inglés). Speculum 11. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]